Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3783

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración e cooperación subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a este resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO
Convenios de colaboración e cooperación subscritos polo Instituto de Estudos
do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Achega económica do IET

Data da

sinatura

Convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e o Instituto de Estudos do Territorio para a realización dos traballos dunha guía de integración paisaxística dos pechamentos en Galicia

40.000 €

18.9.2015

Acordo marco de colaboración científica e técnica entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Matrix, Investigación e Desenvolvemento Sostible

Sen achega económica

2.12.2015