Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de responsabilidade patrimonial R.P. 86/2015-PO-PSC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá formular as alegacións e achegar os documentos que considere oportunos para a defensa dos seus dereitos no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Así mesmo, deberá achegar valoración económica dos bens que reclama e documentación xustificativa desa valoración.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar situadas no Edificio Administrativo San Caetano s/n 15781, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de responsabilidade patrimonial R.P. 86/2015-PO-PSC.

Data do acordo de inicio: 28 de setembro de 2015.

Interesado: Alfredo Budiño Gómez.

Último domicilio coñecido: rúa Rosalía de Castro, 10-1º, 36930 Bueu (Pontevedra).