Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 30 de novembro de 2015 pola que se notifica a declaración de perda do dereito ao cobramento do proxecto de implantación e optimización dos procesos TIC para a adaptación da produción audiovisual de animación ao estándar DCI dixital 3D esteroescópico, correspondente ao expediente IN841C2009/73, devolta polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data do 25 de xuño de 2015, enviou unha notificación á empresa Digra Films, S.L., co fin de comunicarlle a declaración de perda de dereito ao cobramento do proxecto «Implantación e optimización dos procesos TIC para a adaptación da produción audiovisual de animación ao estándar DCI dixital 3D esteroescópico», correspondente ao expediente IN841C2009/73, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos coa indicación «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do inicio de declaración de perda de dereito ao cobramento, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Núm. de expediente: IN841C2009/73.

Título: implantación e optimización dos procesos TIC para a adaptación da produción audiovisual de animación ao estándar DCI dixital 3D esteroescópico.

Nome ou razón social: Digra Films, S.L.

CIF/NIF: B15740038.

Tipo de axuda: fomento á investigación e innovación empresarial, convocada pola Orde do 22 de xullo de 2009 (DOG do 30 de xullo).

Contido do acto: declaración de perda do dereito de cobramento IN841C2009/73.