Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de administración, xestión técnica, control, operación e mantemento da infraestrutura da rede corporativa de voz e datos da Xunta de Galicia (expediente 32/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de administración, mantemento, control, xestión técnica, avaliación e análise da rede corporativa de voz e datos da Xunta de Galicia actualmente instalada, así como a avaliación, proposta e supervisión dos proxectos de ampliación desta.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.6.2015.

DOUE: 18.6.2015.

BOE: 25.6.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 5.336.821,25 €.

5. Orzamento base de licitación: 2.134.728,50 €, máis 448.292,99 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.583.021,49 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.9.2015.

b) Data de formalización do contrato: 3.12.2015.

c) Contratista: Unisys, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 2.244.645,67 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia