Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato do servizo de limpeza en centros dependentes desta consellería (expediente 3/2016).

Mediante a Resolución do 18 de xaneiro de 2016, a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, que actuaba en nome e representación da Consellería do Mar, por delegación da conselleira, en virtude das facultades delegadas que lle confire a Orde do 30 de marzo de 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar, publicada no DOG número 70, do 12 de abril, de conformidade coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a nova estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG número 244, do 23 de decembro de 2015, para a contratación do servizo de limpeza en centros dependentes da Consellería do Mar, por non terse presentado ningunha oferta para este procedemento de licitación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o órgano de contratación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación (segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común), ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar