Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3314

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO relativo á aceptación da delegación de compentencias tributarias do Concello de Ortigueira (taxa 1,5 e recadación executiva).

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria do 27 de marzo de 2015 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«30. Aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Ortigueira.

Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de Ortigueira na sesión plenaria do 30 de abril de 2014, en relación coas seguintes materias:

1. A xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo, ou voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión que poida ser obxecto de delegación tanto pode afectar o suposto xeral do artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.

2. A recadación en período executivo dos seguintes tributos, taxas e prezos públicos e ingreso público de carácter non periódico:

1º. Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, cascallos, valados, puntais, asuelos, estadas e outras instalacións análogas.

2º. Taxas por postos, barracas, casetas de venda, atraccións situadas en terreos de uso público e industrias de rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

3º. Taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos con finalidade lucrativa.

4º. Ingresos públicos por execución subsidiaria ao abeiro do establecido no artigos 96 e 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2016

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

Mª Amparo C. Taboada Gil
Secretaria acctal. da Deputación
Provincial da Coruña