Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3116

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Advertidos erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro de 2015. cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 49820-49821, no artigo 5.3, onde di: «Ata esgotar o crédito dispoñible, a contía da subvención calcularase aplicando á contía subvencionable, que será como máximo de 70.000 €, as porcentaxes de intensidade de axuda que se indican a continuación, en función da puntuación obtida na valoración realizada unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 12 desta resolución:

– Entre 100 e 90 puntos: 80 % da contía subvencionable.

– Entre 89 e 79 puntos: 60 % da contía subvencionable.

– Entre 78 e 68 puntos: 40 % da contía subvencionable.

– Entre 67 e 50 puntos: 20 % da contía subvencionable.

– Inferior a 49 puntos: 10 % da contía subvencionable»,

debe dicir: «Ata esgotar o crédito dispoñible, a contía da subvención calcularase aplicando á contía máxima subvencionable, que será de 70.000 €, e sen que en ningún caso se poida superar a contía solicitada, as porcentaxes de intensidade de axuda que se indican a continuación, en función da puntuación obtida na valoración realizada unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 12 desta resolución:

– Entre 100 e 90 puntos: 80 % da contía máxima subvencionable.

– Entre 89 e 79 puntos: 60 % da contía máxima subvencionable.

– Entre 78 e 68 puntos: 40 % da contía máxima subvencionable.

– Entre 67 e 50 puntos: 20 % da contía máxima subvencionable.

– Inferior a 49 puntos: 10 % da contía máxima subvencionable».

– Na páxina 49835-49836, no artigo 16.6, onde di: «(…). Os datos de carácter persoal das persoas usuarias ou participantes nas actuacións subvencionadas incorporaranse ao ficheiro de datos de carácter persoal da Secretaría Xeral da Igualdade a que se refire o artigo 22 desta resolución. (...)», debe dicir: «(…).Os datos de carácter persoal das persoas usuarias participantes nas actuacións subvencionadas incorporaranse ao ficheiro de datos de carácter persoal da Secretaría Xeral da Igualdade denominado “Violencia de xénero”. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer perante a Secretaría Xeral da Igualdade, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a: igualdade@xunta.es. (...)».

– Na páxina 49838, no artigo 17.3.h), no segundo parágrafo, onde di: «Non serán computables as persoas que non se identifiquen e para as cales non consten debidamente cubertas as referidas follas de atención individualizada nas que se recolla un mínimo de tres intervencións presenciais», debe dicir: «Non serán computables as persoas que non se identifiquen e para as cales non consten debidamente cubertas as referidas follas de atención individualizada nas que se recolla un mínimo de seis intervencións presenciais».