Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2015/234-1 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día segunte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 17 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2015/234-1.

Acta inf.: I152015000038696.

Empresa: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

NIF: A80808728.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 9 de setembro de 2015.

2. Expediente: RL 2015/236-1.

Acta inf.: I152015000042538.

Empresa: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

NIF: A80808728.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 16 de setembro de 2015.

3. Expediente: RL 2015/237-1.

Acta inf.: I152015000042639.

Empresa: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

NIF: A80808728.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 16 de setembro de 2015.

4. Expediente: RL 2015/239-1.

Acta inf.: I152015000043447.

Empresa: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

NIF: A80808728.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 18 de setembro de 2015.

5. Expediente: RL 2015/240-1.

Acta inf.: I152015000043548.

Empresa: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

NIF: A80808728.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 18 de setembro de 2015.

6. Expediente: RL 2015/241-1.

Acta inf.: I152015000043649.

Empresa: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

NIF: A80808728.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data resolución: 18 de setembro de 2015.

7. Expediente: RL 2015/285-1.

Acta inf.: I152015000049511.

Empresa: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

NIF: A80808728.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: obstrución.

Data resolución: 15 de outubro de 2015.