Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto da instalación de coxeración para a estación depuradora de augas residuais, EDAR Ourense, no concello de Ourense (expediente IN408A 2015/2-3).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada pola empresa Aguas de las Cuencas de España, S.A. –Acuaes–, CIF A50736784, con domicilio social na rúa Agustín de Betancourt, nº 45, planta 10ª, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do proxecto de execución para a planta de coxeración asociada ao proceso da depuradora de augas residuais, EDAR de Ourense, que se instalará no lugar de Reza, concello de Ourense.

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve; Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación; Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos.

2. Finalidade.

Sistema de coxeración con motoxerador para o aproveitamento do biogás que se xera no proceso de dixestión, cando a lama se somete a hidrólise térmica, que permite que tanto a enerxía eléctrica como a térmica producida sexan utilizadas para autoconsumo da propia planta depuradora, así como, para a vertedura e venda dos excedentes da enerxía eléctrica á rede de distribución.

3. Equipamento básico.

Equipamento de coxeración con 1 motoxerador marca Senergie mod. SBG420, subministrado por Altare Energía potencia eléctrica de 420 kW, tensión de xeración 400 V e un consumo de combustible con/sen toleración de 1.036/1.088 kW. Conexión eléctrica á rede interior da EDAR, para autoconsumo, a través do cadro de distribución (CDD-1) que está alimentado augas arriba desde un centro de transformación (CT1) e en anel cun 2º centro de transformación (CT2), instalacións estas últimas que non forman parte do expediente de coxeración e se tramitan de xeito singularizado. Orzamento: 423.719,75 euros.

– Motor de biogás Liebherr serie G9512.

– Alternador Leroy Somer serie LSA 49.1-4 polos.

– Bastidor de aceiro con 8 silentblocks.

– Aerorrefrixeradores marca Inditer, disipación máxima: 210 kW circuíto HT/35 kW circuíto LT.

– Sistema gases de escape.

– Rampla de gas, presión de subministración 15-50 mbar.

– Sistema de lubricación de grupo, control de nivel de aceite, depósito equipamento e auxiliares, 1 ud. no bastidor (175 l); 2 auxiliares (750 l/ud.).

– Cadros de potencia e control de grupo e de servizos auxiliares.

– Armario de baterías e unidade de sincronización Woodward EasyGen 3200.

4. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examinar o proxecto nas oficinas desta xefatura territorial; rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º de Ourense, e presentar, de ser o caso, as alegacións que xulguen oportunas no prazo de vinte (20) días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 9 de decembro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense