Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2178

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3276/2014).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3276/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 116/2011 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Julia María Piñeiro Mariño

Avogado: Javier de Cominges Cáceres

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Recorridos: Fogasa, Televisión de Galicia, S.A., Producción y Espectáculos de Galicia, S.L.

Avogada: María José Seoane Pesqueira

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3276/2014 desta sección, seguido por instancia de Julia María Piñeiro Mariño contra Fogasa, Televisión de Galicia, S.A., Producción y Espectáculos de Galicia, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, o 29 de decembro de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado Javier de Cominges Cáceres, en nome e representación de Julia María Piñeiro Mariño, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, e para que acheguen copias do dito escrito e designen un domicilio para notificacións na sede da dita sala; débese acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Producción y Espectáculos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza