Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1528

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (145/2015).

DCT divorcio contencioso 145/2015

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: Ramón Castro López

Procuradora: Carla Rocafort Rial

Demandado: Queen Udon Uduma Osu

Raquel Martínez González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, por medio deste,

Anuncio.

No presente procedemento seguido por instancia de Ramón Castro López fronte a Queen Udon Uduma Osu ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza 140/2015.

Cambados, 11 de decembro de 2015, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, ditou a presente resolución no procedemento de divorcio seguido neste xulgado co número 145/2015, no cal actuou como demandante Ramón Castro López, representado pola procuradora Carla Rocafort Rial e asistido polo letrado Antonio Mosteiro Durán, e como demandada Queen Udon Uduma Osu, declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal.

Decisión.

Que con estimación da demanda presentada pola procuradora Sra. Rocafort Rial, en nome e representación de Ramón Castro López, contra Queen Udon Uduma Osu, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio contraído entre ambos os dous o día trinta e un de maio de dous mil sete, con todos os efectos legais inherentes.

Atribúeselle a Ramón Castro López o uso da vivenda arrendada que constituíu domicilio conxugal, sito en Pedreiras, nº 20, baixo, Vilalonga, Sanxenxo.

Todo iso sen facer expreso pronunciamento respecto ás custas do procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Unha vez firme a presente sentenza, comuníqueselle ao Rexistro Civil da Coruña, e expídanse os oportunos oficios.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E encontrándose o dito demandado, Queen Udon Uduma Osu, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Cambados, 11 de decembro de 2015

A secretaria xudicial