Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (809/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 809/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Juana Lestón Santiago contra José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L., se ditou sentenza cuxa decisión di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Juana Lestón Santiago contra José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle a Juana Lestón Santiago a suma de 24.622,32 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

A secretaria xudicial