Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1526

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (246/2015).

Anxo Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 246/2015, seguido por instancia de Fernando Rivera Casa, Carmen González Rivera, Enrique Villar González, Mª Asunción de Esteban Suescun, fronte a José Mª Rivera Casas, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 157/2015

Vigo, 20 de novembro de 2015

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 246/2015 se seguen por instancia de Fernando Rivera Casa, Carmen González Rivera, Enrique Villar González, Mª Asunción de Esteban Suescun, representado polo procurador José Antonio Fandiño Carnero e dirixidos polos letrados Daniel Saralegui Arnaiz e Olga Goñi Iriarte, contra José Mª Rivera Casas, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Decido:

Estimo totalmente a demanda interposta por Fernando Rivera Casa, Carmen González Rivera, Enrique Villar González, Mª Asunción de Esteban Suescun contra José Mª Rivera Casas, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a José María Rivera Casas a outorgar a correspondente escritura pública de compravenda do inmoble sito en Vigo, na rúa Torrecedeira, 109, 6º D, adquirido o día 20 de abril de 1981, mediante contrato privado de compravenda, no cal foron parte, como compradores, Enrique Villar González e María Asunción de Esteban Suescun e, como vendedores, Carmen González Rivera e Fernando Rivera Izquierdo, xa falecido, e cuxos herdeiros son Fernando Rivera Casas e José María Rivera Casas.

2º. Condeno a José María Rivera Casas a pagar as custas do presente proceso.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o dito demandado, José María Rivera Casas, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 10 de decembro de 2015

O secretario xudicial