Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015459AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 27 de novembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2015459AL-PO, incoado a Tito Castro Guerra, como titular do establecemento Café Bar Duende.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Tito Castro Guerra o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 16 de decembro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015459AL-PO.

Denunciado: Tito Castro Guerra, con NIF 76808631Q.

Último enderezo coñecido: rúa Calzada, 2, 36500, Lalín.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3, 4.2 e 6.1 e capítulo I puntos 1, 2.d) e 5, capítulo II punto 1.a), b) e f) e 3 e capítulo XII punto 1 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigo 14.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigos 4.1 e 5 do Decreto 204/2012, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

Tipificación: impútanselle tres infraccións graves, segundo o artigo 42.d) e e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e unha infracción leve, segundo o artigo 41.a) da mesma Lei 8/2008.

Sanción proposta: nove mil cento quince euros e vinte e un céntimos de euro (9.115,21 €).

Tamén se confirma a medida cautelar acordada na data do 10.11.2015 (SC 30/15 RES) de suspensión temporal da actividade de elaboración de comidas do establecemento Café Bar Duende.