Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, pola que se dá publicidade da aprobación de unidades de admisión e da súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

As publicacións do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, e a do Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro, polo que se modifica o Real decreto 289/2003, incorporan á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución, que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización se utilizarán unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada «unidade de admisión», que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 2 do artigo único do Real decreto 1220/2011, que modifica o punto 3 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, efectuaraa o órgano competente da respectiva comunidade autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á silvicultura, á Dirección Xeral de Montes, como órgano competente da administración da comunidade autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Montes procederá á inscrición do material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

O artigo 11.1 do Decreto 166/2015, do 18 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, recolle as funcións da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría controlada, conforme o disposto no anexo V do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, mediante a Resolución do 15 de decembro do 2015, procedeu á autorización de dúas unidades de admisión da categoría «material controlado» de Pinus pinaster Ait. no territorio da Comunidade de Galicia que aparece relacionado no anexo desta orde, así como á súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Especie: Pinus pinaster Ait.

Nº rex.

Código galego

Código estatal

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Solicitante

Autorización do material de base

Lonxitude

Latitude

Alt.
(m)

Superficie (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade MB

202

ES/32/ppa/4/01a/3/1/2

HS-C-26/32/001

O Val (Santa María).

Monte Seixo e Val

Veciñal en man común.

CMVMC Seixo e Val de Trasportela

Ourense

Gomesende

Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal

8º 06´ 43´´ W

42º 12´ 19´´ N

527

552

3,56

C

HS

Autóctono

203

ES/36/ppa/4/01a/3/1/2

HS-C-26/36/001

San Xosé de Ribarteme.

Monte de Feresvello, Pousiños e Pousadoiro Pequeno

Veciñal en man común. CMVMC de San Xosé de Ribarteme

Pontevedra

As Neves

Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal

8º 24´ 31,69´´ W

42º 8´ 18, 97´´ N

492

592

4,67

C

HS

Autóctono

ALT: altitude

CAT: categoría

MFR: material forestal de reprodución
MB: material de base

C: material controlado

HS: horto de semente