Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de chaqueta e pantalón ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, ano 2016 (84/15-I) (expediente 6/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de chaqueta e pantalón ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, ano 2016.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de entrega será de 60 días desde o día seguinte á sinatura do contrato.

O prazo de execución do acordo marco é ata o 31 de decembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35113400-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

5. Orzamento de licitación:

Importe neto: 187.000,00 €. IVE (21 %): 39.270,00 €. Importe total: 226.270,00 €.

Valor estimado: 205.700 € (incluídas posibles modificacións).

6. Financiamento: fondos propios libres.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras H e I da folla de especificacións.

8. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído): 9.350,00 €.

9. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo posterior dereito de San Caetano, nº 4, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 59 93 88 (consultas administrativas); 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23814

10. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47) ou ben ao enderezo de correo electrónico.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

11. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural