Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 927

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 1/2016, do 8 de xaneiro, polo que se nomea reitor magnífico da Universidade da Coruña o profesor doutor Julio Ernesto Abalde Alonso.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, regula no seu artigo 20 a forma de elección do reitor e dispón que será nomeado polo órgano correspondente da Comunidade Autónoma.

Pola súa banda, os estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, dispoñen, no seu artigo 35, que o reitor será elixido pola comunidade universitaria e nomeado pola Xunta de Galicia.

Unha vez recibida na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria certificación do secretario xeral da Universidade da Coruña en que consta que, realizadas as eleccións a reitor o 3 de decembro de 2015, Julio Ernesto Abalde Alonso acadou o apoio proporcional de máis da metade dos votos validamente emitidos, unha vez feitas e aplicadas as ponderacións correspondentes e realizada a proclamación definitiva como reitor electo o 16 de decembro de 2015, na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por instancia da Universidade da Coruña, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xaneiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear reitor magnífico da Universidade da Coruña o profesor doutor Julio Ernesto Abalde Alonso.

Santiago de Compostela, oito de xaneiro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria