Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 589

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (620/2015).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 620/2015 deste xulgado do social se ditou Resolución do 9 decembro de 2015, dirixida a Joal Fenix, S.C., José María Prado López e Álvaro Augusto Goncalves, e que se poden interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Joal Fenix, S.C., José María Prado López, Álvaro Augusto Goncalves, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de decembro de 2015

A secretaria xudicial