Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (557/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Júnior Félix del Rosario Vásquez contra Roberto Nogueira González e o Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por despedimento, rexistrado como despedimento/cesamentos en xeral 557/2015, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Roberto Nogueira González, en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 16.2.2016, ás 11.05 e 11.10 horas, na planta 1ª, sala 6 do Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada. Deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao actor, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Roberto Nogueira Gonzalez, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 15 de decembro de 2015

A secretaria xudicial