Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 588

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (12/2014).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 12/2014 seguido por instancia de Antonia Núñez Casanova contra herdeiros de Manuel Sabín Calaza e Lourdes Ruanova Regueiro foi ditada sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola procuradora Ana Sexto Quintas, en nome e representación de Antonia Núñez Casanova, debo declarar e declaro a propiedade de Antonia Núñez Casanova e José Andrés Muíño Cupeiro, con carácter ganancial, do terreo sito no municipio de Paderne, parroquia de San Pantaleón das Viñas, casa sinalada co número trinta e un, coa súa eira de mallar, curral e horta, que todo unido deita unha superficie de 519,65 metros cadrados. Lindes; norte, casa número 29 e terreo de Francisco Castiñeira Paz; sur, terreo de Cagiao; leste, camiño de Montecelo a Trasmil; e oeste, máis do anterior terreo dos herdeiros de Manuel Picado Cagiao, acordando a inscrición do terreo no Rexistro da Propiedade de Betanzos e a cancelación das inscricións contraditorias (terreo 2.282, tomo 709, libro 73, folio 40 do concello de Paderne).

Impóñense as custas aos demandados declarados en rebeldía.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

E encontrándose o devandito demandado herdeiros de Manuel Sabín Calaza, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 28 de outubro de 2015

A secretaria xudicial