Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 583

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO de notificación de sentenza (57/2013).

Eu, Ana García Mallo, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución do Barco de Valdeorras,

Anuncio:

Que no presente procedemento, seguido por instancia de María del Carmen Rey Álvarez, Emilio Corzo López contra Great Time, S.L., Banco Bilbao Vizcaya (BBV) foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«No Barco de Valdeorras, o vinte e oito de xullo de dous mil quince.

Fernando Barcia González, maxistrado de primeira instancia número 1 do Barco de Valdeorras, despois de ver os autos que se seguen neste xulgado co número da marxe por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López, representados polo procurador dos tribunais María del Carmen González Carro e asistidos de letrado colexiado, contra a entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. representada polo procurador José Antonio Martínez Rodríguez e defendido polo letrado colexiado, e contra a entidade Great Time, S.L., en rebeldía procesual, no exercicio de nulidade contractual, por importe de 11.720,16 euros.

Que debo de estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López, representados pola procuradora dos tribunais María del Carmen González Carro, contra as entidades Great Time, S.L. e a entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., a primeira en situación de rebeldía procesual e a segunda representada polo procurador José Antonio Martínez Rodríguez, no exercicio de acción de nulidade contractual, e debo declarar a nulidade do contrato de aproveitamento por quendas de bens inmobles subscrito entre os devanditos demandantes e a entidade Great Time, S.L. en data do 30.7.2000, como igualmente a nulidade do contrato de préstamo vinculado ao contrato principal, celebrado entre os citados demandantes e a entidade BBVA, S.A. no 18.8.2000, e en virtude da nulidade acordada, condénanse ambas as dúas entidades demandadas conxunta e solidariamente ao aboamento aos demandantes da cantidade de 10.770,94 euros, máis os xuros legais desde o día 18.3.2013, debendo satisfacer cada parte as custas xeradas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese ás partes a presente sentenza, que non é firme e pódese interpor, no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación, recurso de apelación contra ela».

E encontrándose o devandito demandado, Great Time, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Barco de Valdeorras, 22 de outubro de 2015

A secretaria xudicial