Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 408

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 199/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 199/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Sotelo Gendra contra Juan José Guerra Castro e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Carlos Sotelo Gendra presentou demanda de execución fronte a Juan José Guerra Castro e Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución con data do 8 de setembro de 2015 por un total de 3.096,46 euros de principal (2.201,85 euros de cantidades debidas en concepto de salarios e liquidación de vacacións + 894,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET calculados respecto das cantidades debidas), máis outros 309,65 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 5,66 euros, co cal se reduciu o principal de 3.090,80 euros de principal (2.196,19 euros en concepto de cantidades debidas + 894,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 309,65 euros en concepto de xuros e custas. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei de xurisdición social que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado sobre os cales facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia, logo de oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Juan José Guerra Castro en situación de insolvencia parcial por importe de 3.090,80 euros de principal (2.201,85 euros de cantidades debidas en concepto de salarios e liquidación de vacacións + 894,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET calculados respecto das cantidades debidas) máis outros 309,65 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Para os efectos de publicidade, publíquese a presente resolución no Diario Oficial de Galicia, por se tratar da insolvencia dunha persoa física.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados para tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de publicación para efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

A secretaria xudicial