Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (532/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 532/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Ríos Lamas contra a empresa Centro Enseñanza Aprendo, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución:

Estimando a demanda interposta por Mª Pilar Ríos Lamas fronte á empresa Centro de Enseñanza Aprendo, S.L., declaro extinguida a relación laboral entre as partes e condeno a demandada a que lle aboe á demandante unha indemnización de 23.667,59 euros.

Igualmente, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 15.811,56 euros en concepto de salarios; neste caso, máis o xuro legal do 10 % por mora, segundo o disposto no artigo 29.3 do ET.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, que se consignou na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de decembro de 2015

A secretaria xudicial