O Pleno da Corporación Municipal do Concello do Porriño, en sesión extraordinaria do 22 de decembro de 2015 aprobou inicialmente a modificación do Plan xeral de ordenación municipal para a supresión de vía entre a N-120 e a rúa da Toxa, mediante acordo que ten o seguinte contido literal:
«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para a supresión de vía entre a N-120 e a rúa da Toxa redactado pola entidade Visier Arquitectos, S.L.
2º. Someter o expediente a información pública durante un prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos dous xornais de maior circulación da provincia.
3º. Dar audiencia os concellos limítrofes para os efectos da presentación das alegacións, reclamacións e suxestións que se coiden convenientes.
4º. Suspender o outorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derruba no ámbito da modificación puntual aprobada».
O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que coiden convenientes, durante o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.
O Porriño, 29 de decembro de 2015
Eva García de la Torre
Alcaldesa