Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de exposición pública da addenda número 1/15 ao Inventario municipal de camiños públicos.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 28 de outubro de 2015, aprobou a addenda número 1/15 ao Inventario municipal de camiños mediante un acordo que ten o seguinte contido literal:

«1. Eliminación do camiño 3511 do Inventario municipal de camiños públicos en núcleos rurais, sito no núcleo rural da Cantoña-Pontellas, solicitado por Cristian Silva Caballero, emítese informe favorable para a súa eliminación.

2. Incorporación do camiño 9016 do polígono 34, sito no núcleo rural da Cavadiña-Mosende, ao Inventario municipal de camiños públicos en núcleos rurais do Concello do Porriño, solicitado por Ismael Rodríguez Iglesias (emítese informe favorable para a súa incorporación co número 4441.

3. Incorporación do camiño 9006 do polígono 37, sito no núcleo rural de Canadelo-Chenlo, ao Inventario municipal de camiños públicos en núcleos rurais do Concello do Porriño, solicitado por Lucía Romero Grova e outros, emítese informe favorable para a súa incorporación co número 4881».

O que se fai público para o xeral coñecemento e para que os interesados acheguen as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes no prazo de trinta (30) días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 16 de novembro de 2015

P.D. (Decreto da Alcaldía 17.6.2015; BOP núm. 123, do 30 de xuño)
Marcelino Coto Troncoso
Concelleiro delegado