Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de cambio de uso dun sistema local de equipamento.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 2015, adoptou, entre outros o seguinte acordo:

«Primeiro. Modificar o sistema local de equipamento de uso educativo (SLEed) recollido no plano A-2 e NR-32 do Plan xeral de ordenación do concello de Oroso e correspondente coas parcelas de titularidade municipal e con referencias catastrais 15061A501024970000MR e 15061A501024970000MR de xeito que pase a ser sistema local de equipamento de uso sociocultural (SLEsc), co fin de dar mellor resposta á demanda da poboación do concello de Oroso.

Segundo. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, remitíndolle a documentación establecida no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o día 9 de decembro de 2015.

Oroso, 10 de decembro de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde