Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (782/2014).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 782/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Castro Seijo, sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Que debo desestimar e desestimo a demanda seguida por instancia de José María Castro Seijo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Fraternidad Muprespa, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 275, e a entidade Construcciones Inocor, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións articuladas contra elas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivamento. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Inocor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

A secretaria xudicial