Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (648/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 648/2015 por instancia de José Antonio Añón Rodríguez contra a empresa Sumtec, S.L., as empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales se ditou sentenza o 30 de novembro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda interposta por José Antonio Añón Rodríguez fronte ás empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), administrador concursal de Sumtec, S.L., Sr. Fernández Obanza Carro, e o Fondo de Garantía Salarial, e estímase a excepción de falta de xurisdición oposta pola representación de Sumtec, S.L. e a súa administración concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Puertas Blindex, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de decembro de 2015

A secretaria xudicial