Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/281-1).

Expediente: IN407A 2015/281-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CES 705, lugar Carballal.

Concello: Abegondo.

Características técnicas: reforma da liña eléctrica de media tensión aérea CES-705, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,765 km, con orixe no apoio nº 98 existente da LMT CES-705 (expediente 50.149), no tramo entre a derivada ao CT Folgoso (expediente 50.397) e a derivada ao CT Regueira (expediente 34.590), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio nº 98/17 existente da LMT CES-705, onde se realiza o paso de aerosubterráneo da LMT Viós-Pendo (expediente 475/07).

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución. A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2015/281-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CES 705, lugar Carballal.

Concello: Abegondo.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio nº m2

3

As Fontaíñas

Monte alto

Hros. Cesáreo Gómez Bello

98/7

2.0

4

A Viña

Monte alto

Carlos Vázquez García

98/10

2.0

5

A Viña

Monte alto

Fuencisla Sánchez Vidal

98/12

2.0

6

A Viña

Labor

Hros. Cesáreo Gómez Bello

98/15

2.0