De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avenida Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no TEU do BOE.
Lugo, 10 de decembro de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: E.S.LU-02/2015.
Interesado: José Alfonso Quiroga Berdeal (Soc. Vilanova Ex e Prom. Inmobiliaria).
Último enderezo conocido: rúa Juan Montes, 1, 2º, Lugo.
Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.