Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de soporte e mantemento correctivo, evolutivo, adaptativo e perfectivo do Sistema de xestión económico-financeira (SXEF) deste instituto.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de soporte e mantemento correctivo, evolutivo, adaptativo e perfectivo do Sistema de xestión económico-financeira (SXEF) do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 5/15.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de soporte e mantemento correctivo, evolutivo, adaptativo e perfectivo do Sistema de xestión económico-financeira (SXEF) do Igape.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de execución: dependencias do contratista/oficina do Igape en Santiago de Compostela.

Lugar de entrega: oficina do Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e finalización do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 756.000 € máis 158.760 € de IVE; total: 914.760 €, corresponden 378.000 € máis 79.380 € de IVE total 457.380 € ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e 378.000 € máis 79.380 € de IVE total 457.380 € ao da posible prórroga (24 meses).

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupos, subgrupos e categoría): nesta contratación non resulta exixible clasificación. Non obstante, a clasificación do licitante no grupo V, subgrupo 2, categoría B (equivalente ao grupo III, subgrupo 3, categoría B, da Orde do Ministerio de Facenda do 24.11.1982) é suficiente para acreditar a solvencia exixida.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: os criterios e medios de acreditación da solvencia económico-financeira e técnica sinálanse nas letras E, F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 28.1.2016.

b) Documentación que se vai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado. Presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): 9.2.2016, ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): 18.2.2016, ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación: os criterios de adxudicación son os sinalados na cláusula J da folla de especificacións.

11. Outras informacións:

12. Gastos de anuncios: 2.500 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso): 10 de decembro de 2015.

14. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica