1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
Tipo de contrato: servizo.
Descrición do obxecto: levar a cabo todas as tarefas derivadas da organización, desenvolvemento, promoción, comunicación e difusión das V Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, promovidas por Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións das cinco rutas dos viños galegos: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras.
Prazo de execución: empezará a contar a partir da data de sinatura do contrato, cunha vixencia de catro meses, conforme as datas establecidas no prego de prescricións técnicas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: anticipada.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación:
Importe sen IVE: 61.983,47 €.
IVE (21 %): 13.016,53 €.
Importe total (IVE incluído): 75.000,00 €.
5. Garantías:
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Obtención de documentación e información:
O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.
Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23873
Información sobre a contratación:
Teléfono: 981 54 02 75.
Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.es
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechado. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.
Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O acto público de apertura do sobre B e sobre C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia