Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización da subministración consistente na adquisición e posta en funcionamento de catro (4) carretillas elevadoras eléctricas para diversas lonxas pesqueiras de Galicia (expediente 44/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración consistente na adquisición e posta en funcionamento de catro (4) carretillas elevadoras eléctricas para diversas lonxas pesqueiras de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23232.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 180, do 21 de setembro de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 115.000 €. IVE (21 %): 24.150 €. Importe total: 139.150 €.

Valor estimado: 115.000 €.

5. Financiamento: expediente cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo de Pesca (FEP), eixe prioritario 3.3: portos pesqueiros, lugares de desembarque e ancoradoiros. Porcentaxe cofinanciamento: 75 % FEP-25 % Estado membro.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 19 de novembro de 2015.

b) Adxudicataria: Talleres Torneiro, S.A.

c) Importe: 99.600,00 € (sen IVE). IVE 21 %: 20.916,00 €. Importe total: 120.516,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta admitida á licitación e cumpriu cos requisitos técnicos exixidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar