Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de setembro de 2015, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a modificación substancial da concesión administrativa outorgada ao Concello de Foz por Resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 18 de xullo de 1994, con destino a instalacións deportivas e de usos múltiples no porto de Foz, para obras de construción de nave polivalente de actividades náutico-deportivas do Club Kayak de Foz.

O Club Kayak de Foz presenta escrito de solicitude para a realización de obras de construción de nave polivalente para actividades náutico-deportivas na concesión administrativa outorgada ao Concello de Foz dentro do dominio público portuario do porto de Foz con destino a instalacións deportivas e de usos múltiples.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de setembro de 2015

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte