Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 93

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, dun servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017, proposta 80/15-I (expediente 5/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas helitrasportadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017.

c) División por lotes e número: si, lote 1. Helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes, e lote 2. Helicópteros de tipo medio co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

d) Prazo de execución: a execución do servizo de cada un dos lotes desenvolverase nas anualidades 2016 e 2017 (precampañas e campañas), de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: si (anos 2018 e 2019).

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipado de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 13.315.789,68 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 36.628.224,96 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as epígrafes J e K da folla de especificacións (admítese a clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría 5 ou equivalente para acreditar a solvencia).

7. Garantía exixida. Definitiva: lote 1, de 266.622,46 €, e para o lote 2, de 399.167,02 € (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito, nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 19 de xaneiro de 2016, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23664.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 19 de xaneiro de 2016.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 29 de xaneiro de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: establécese como condición especial de execución que, con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista dispoña das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no número 13 do PPT, persoal exixido no número 2.8 do PPT para a composición completa das brigadas helitransportadas; medios materiais previstos no PPT (EPI, ferramentas, vehículos todoterreo).

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de decembro de 2015.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural