Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 91

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento para diversos centros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social (antes Consellería de Traballo e Benestar).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 43/2015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22746.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento para diversos centros da Consellería de Política Social (antes Consellería de Traballo e Benestar).

CPV (referencia de nomenclatura): 33192130-2, 33192160-1, 391000000-3.

c) División por lotes: non.

d) Boletín e diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 112, do 16.6.2015; BOE núm. 132, do 3.6.2015, e DOUE núm. 2015/S 103-186857, do 30.5.2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 544.860 €, IVE (10 %): 54.486 €. Importe total: 599.346 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 79, medida 6.79) e con fondos de compensación interterritorial (FCI) que cofinancian nun 20 %.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de setembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 3 de novembro de 2015.

c) Contratista: Industrias Hidráulicas Pardo, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 352.068,80 €. IVE (10 %): 35.206,88 €. Importe total: 387.275,68 €.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2015

P.D. (Artigo 1 Orde 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social