Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 97

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte de postos en distintas feiras que se celebrarán en 2016 (catro lotes) (expediente 7/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dun posto da Consellería do Medio Rural nas feiras Gourmets, que terán lugar en Madrid do 4 ao 7 de abril, e Alimentaria, que terán lugar en Barcelona do 25 ao 28 de abril no ano 2016.

c) División por lotes e número: si, catro. Lote 1: Sic Gourmets. Lote 2: Alimentaria Barcelona. Pavillón Intercarn. Lote 3: Alimentaria Barcelona. Pavillón Interlact. Lote 4: Alimentaria Barcelona. Pavillón Múltiple Foods.

d) Prazo de execución/entrega: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata os cinco días seguintes á finalización do certame.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na epígrafe Ñ do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 257.685,95 €. IVE (21 %): 54.114,05 €. Importe total: 311.800,00 €.

Valor estimado: 257.685,95 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na epígrafe H da folla de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: do 5 % do importe de adxudicación (excluído IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo posterior dereito de San Caetano, nº 4, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 59 93 88 (consultas administrativas); 981 54 00 62, 981 54 00 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23850.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47) ou ben ao enderezo de correo electrónico.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do 28 de xaneiro de 2016. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax ou correo electrónico a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: requírese un compromiso de adscrición de medios persoais mínimos necesarios (artigo 64.2 TRLCSP).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural