Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 78

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai publica a autorización da constitución do couto mineiro Fabeira, localizado nos termos municipais de Silleda e Vila de Cruces.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra fai saber que a Consellería de Economía, Emprego e Industria autorizou, o 24 de novembro de 2015, a constitución do couto mineiro Fabeira conformado polas concesións mineiras Monte Fabeira nº 2360 e Ampliación a Monte Fabeira nº 2368, a favor da sociedade Minas de Bandeira, S.A., con CIF A-36634889.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 135.5 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

Pontevedra, 1 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra