Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 77

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se fai pública a corrección de erros no prego cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas da licitación anunciada mediante Resolución do 10 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para a contratación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación anticipada, do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No DOG núm. 236, do 11 de decembro de 2015, publicouse a Resolución do 10 de decembro de 2015 pola que se anunciaba a licitación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación anticipada, para a contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Advertidos erros no prego cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación no relativo á solvencia técnica e profesional (número 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas e epígrafe J, punto 2, do seu cadro de características) e na documentación que se inclúe no sobre B (número 3.5.2, punto c), Plan de control de calidade) e no prego de prescricións técnicas no seu número 7, Dotación de medios, e unha vez corrixidos estes, procédese á publicación dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23730.

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 7 da Resolución do 10 de decembro de 2015, que queda do seguinte xeito:

Data límite de presentación: 1 de febreiro de 2016, ás 19.00 horas.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 4 de decembro de 2015; DOG núm. 236, do 11 de decembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda