Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 75

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública unha modificación substancial da central térmica de Meirama, con titular Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U. e localización no concello de Cerceda, A Coruña (expediente 2015-IPPC-M-26).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo) e no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002 (BOE núm. 251, do 19 de outubro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico: sistema de redución de emisións de SO2, NOx e partículas da CT Meirama. Modificación substancial AAI CT Meirama. Marzo 2015».

– «Documento xustificativo do carácter substancial das modificacións. Sistemas de redución de emisións de SO2, NOx e partículas da CT Meirama. Modificación substancial AAI CT Meirama. Marzo 2015».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación de Territorio (http://www.xunta.es/medio-ambiente-e-ordenacion-do-territorio>>portal de medio ambiente, territorio e infraestruturas>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Número de rexistro da autorización ambiental integrada: 2006/0319_NAA/IPPC_044.

Clave do expediente de modificación: 2015-IPPC-M-26.

Peticionaria: Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U.

Domicilio social: praza do Gas, 2, 8003 Barcelona.

Localización da instalación: Mesón do Vento, 15689 Ordes, A Coruña.

Descrición da modificación: co obxectivo de reducir as emisións de SO2, NOx e partículas e cumprir co establecido pola Directiva 2010/75/UE, sobre as emisións industriais (trasposta a través do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, e pola Lei 5/2013, do 11 de xuño), Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U. ten prevista unha modificación do proceso tratamento de gases de combustión da central térmica de Meirama mediante a instalación dunha planta de desulfuración e unha planta de desnitrificación.

No tocante ás verteduras, o proceso de desulfuración será o único que xere un efluente adicional cun elevado contido de sólidos en suspensión. Para o seu tratamento instalarase unha planta específica antes da súa incorporación ao colector xeral, que posteriormente conducirá este efluente á depuradora existente para o seu tratamento posterior co resto das verteduras da central.