Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 73

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Tableros Hispanos, S.L.U. para a planta de taboleiro aglomerado situada no concello de Lugo (expediente 2015-IPPC-I-54).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Memoria ambiental descritiva. Outubro 2015».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-54.

Peticionaria: Tableros Hispanos, S.L.U. (B-27453398).

Domicilio social e localización da instalación: estrada Lugo-Monforte, km 1, Nadela, 27160 Lugo.

Actividade: fabricación de taboleiro aglomerado.

Descrición do proceso: comprende as fases de preparación da madeira (almacenamento da materia prima, esteladura, secado das estelas, cribaxe e refinación), formación do taboleiro (encolado, formación, prensado, lixadura e escuadrado) e de recubrimento con melamina.

Verteduras: a instalación realiza verteduras ao dominio público hidráulico de augas sanitarias, de augas de escorremento e de augas de limpeza (procedentes do lavado de ciclóns).