Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 72

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (868/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 868/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Rey Pereira, se ditou a seguinte resolución:

Acordo ter por desistida a Margarita Rey Pereira da súa demanda fronte a Carburantes Noroestes, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) neste procedemento.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carburantes Noroestes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015

A secretaria xudicial