Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 69

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 170/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 170/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esperanza Vaamonde Suárez contra a empresa Gespalia, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto e decreto no 21 de outubro de 2015 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Esperanza Vaamonde Suárez, contra Gespalia, S.L., parte executada, por importe de 2.226,00 euros de principal (1.313,19 en concepto de salarios e diferenza salariais, 684,61 euros de indemnización e 228,20 euros de aviso previo), máis 206,51 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 104,66 euros de xuros do artigo 1.108 do CC, máis 253,72 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que tiver incorrido a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0117 15. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0117 15”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. O/a secretario/a xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a María Esperanza Vaamonde Suárez e o Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñr ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0170 15. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta “5076 0000 64 0170 15”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Gespalia, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015

A secretaria xudicial