Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 79

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/176-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento provisorio liñas BAL701-02-03-04-05 e 07 contorno subestación de Balaídos.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ estruturada do seguinte xeito:

– BAL701, 703, 705 e 707. Lonxitude: 88 m; orixe: subestación de Balaídos (en diante ST-B); final: punto de acceso proxectado (en diante PAP) nº 2.

– BAL702 e 704. Lonxitude: 44 m; orixe: ST-B; final: PAP nº 2.

– BAL701, 703, 705 e 707. Lonxitude: 624 m; orixe: PAP nº 2; final: linde da parcela da ST-B.

– BAL701, 702 e 704. Lonxitude: 312 m; orixe: PAP nº 2; final: linde da parcela da ST-B.

– BAL701, 703, 705 e 707. Lonxitude: 1.712 m; orixe: linde da parcela da ST-B; final: paso aéreo subterráneo (PAS) en pórticos existentes.

– BAL702 e 704. Lonxitude: 1.098 m; orixe: linde da parcela da ST-B; final: PAS en pórticos existentes.

A instalación está situada na zona de Balaídos, Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG núm. 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se coide pertinente.

Pontevedra, 3 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra