Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2015/558-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/558-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT lugar de Regos dos Podres.

Concello: Vimianzo.

Características técnicas:

Substitución do apoio nº 28/20 da liña de media tensión aérea VIM-802, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,319 km (condutor que se vai retensar), entre os apoios nº 28/19 e o nº 28/21 existentes da LMT VIM-802 (expediente 34857), no tramo entre a derivada do CT Vilaseco (expediente 50055) e a derivada do CT particular Matadero S. Soneira.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña