Nº de expediente: IN407A 2015/564-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LAT 66 kV Carral/Eirís, entre AP nº 92 e subestación Eirís (Parque Ofimático).
Concello: A Coruña.
Características técnicas:
Novo tramo subterráneo que dá continuidade ao circuíto de 66 kV Carral/Eirís, en simple circuíto, enterrado baixo tubo formigonado en configuración triangular, cunha lonxitude de 536 metros, en condutor AL630, coa orixe no tramo subterráneo existente e final nas celas SF6 66 kV da subestación de Eirís.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 30 de novembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña