Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 14 de decembro de 2015 polo que se comunica o valor provisional dos dereitos do réxime de pagamento básico.

Con motivo da entrada en vigor en España do novo réxime de pagamento básico o pasado 1 de xaneiro de 2015, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente recompilou os datos necesarios para efectos do cálculo provisional dos dereitos de pagamento básico.

De acordo co establecido no artigo 20.1 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agrícola común, comunícaselles a todos os interesados que a información sobre o detalle dos dereitos provisionais de pagamento básico se poderá consultar a través da web do FEGA (www.fega.es).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

O/a director/a do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Artigo 12.2 Lei 16/2010, do 17 de decembro)
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias