Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto da subministración sucesiva de reactivos para a realización de ensaios microbiolóxicos e fisicoquímicos de mostras de augas de consumo no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente MS-CON1-15-025).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto anunciado pola Resolución do 28 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 191, do 6 de outubro), tramitado para a subministración sucesiva de reactivos para a realización de ensaios microbiolóxicos e fisicoquímicos de mostras de augas de consumo no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente MS-CON1-15-025).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos