Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto, da adquisición de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas de augas realizadas polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto Solucións sustentables para pequenas subministracións de auga, subvención LIFE 12 ENV/ES/000557 concedida pola UE ao Concello de Abegondo e aos seus beneficiarios asociados Augas de Galicia e Consellería de Sanidade (expediente MS-CON1-15-024).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto anunciado pola Resolución do 28 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 191, do 6 de outubro), tramitado para a adquisición de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas de augas realizadas polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia para o desenvolvemento do proxecto «Solucións sustentables para pequenas subministracións de auga», subvención LIFE 12 ENV/ES/000557 concedida pola UE ao Concello de Abegondo e aos seus beneficiarios asociados Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade (expediente MS-CON1-15-024).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos