Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia (21/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 21/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio existente en diferentes organismos e entes dependentes da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a entrega das subministracións obxecto do presente contrato será de 36 meses contados a partir do 1.5.2016. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 36 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 5.027.550,75 €, máis 1.055.785,65 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 6.083.336,40 €, que se distribúen nas seguintes anualidades:

2016: 819.825,30 € + IVE (172.163,31 €) = 991.988,61 €.

2017: 1.675.850,25 € + IVE (351.928,55 €) = 2.027.778,80 €.

2018: 1.675.850,25 € + IVE (351.928,55 €) = 2.027.778,80 €.

2019: 856.024,95 € + IVE (179.765,24 €) = 1.035.790,19 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23867.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 21.1.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 22.9.2015.

13. Data de envío ao DOUE: 23.12.2015.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia